A necesidade de recuperar o creto da NASA logo do desastre do Columbia, os recentes éxitos co robot Spirit en Marte ou a sonda Stardust no cometa Wild, a interese de China en poñer o pé no satélite, a nova carreira electoral lanzada finalmente confírmase o rumor e Bush anuncia que para o 2015 un astronauta USA pisará de novo a lúa. O obxectivo é construír unha base permanente que sirva para novas aventuras. Así, a menor gravidade no satélite faría máis sinxelo lanzar foguetes cara Marte, meta da carreira espacial dos EEUU para o 2030. Unha ducia de persoas pisaron xa o satélite entre xullo de 1969 e decembro de 1972 aínda que lles lembramos en todo caso dos dos argumentos científicos dos escépticos que negan a chegada do home á lúa. Na rede poden atopar abundante información sobre o tema.
.