A famosa tarifa plana de conexión a Internet por ASDL que prometía o Goberno español por mil pesos ao mes non será posible, segundo os principais proveedores de acceso. Os ISPs que ofrecerán este servicio a partir de setembro aseguran que esta cifra só cobre os gastos de Telefónica, aos que lles hai que engadir outro tanto de custe para a operadora e os proveedores. Deste xeito, todos coinciden en que o prezo do ASDL andará polas doce mil pesetas. Consecuencias: o lóxico "rebote" dos internautas, xa non só polo prezo senón tamén porque a nova rede -que no Estado español funcionaría de xeito experimental- resulta máis apropiada para as empresas que para os usuarios. E mentres Goberno, proveedores e internautas españois pelexan polo prezo da tarifa, en Londres o ISP Freeserve, que hai dez meses sorprendeu ofrecendo o acceso gratuíto, vén de debutar no mercado financeiro aumentando o seu valor nun 40 por cento. A ver se por aquí lle aplican o conto...
.