Non hai moito que unha institución nórdica andaba á busca dun hácker que lle averiguase o contrasinal perdido dunha base de datos. Non tardaron moito en dar con el: era Djupedal o apelido ao revés do científico que viña de morrer levando o secreto á tumba. Segundo un estudio de Citylogo os cibernautas non se rompen moito a cabeciña para decidir as claves que usan na rede, de feito, tres de cada catro usarían sempre a mesma en calisquera web ou servicio virtual que empreguen. Os responsables da sondaxe avisan dos perigos para a seguridade electrónica desta predicibilidade.
.