Unha semana antes das eleccións á Asemblea de Irlanda do Norte, o resultado está aínda completamente aberto. Sen embargo, unha sondaxe recente publicada no diario The Belfast Telegragh indica que non se poden esperar grandes cambios: en cada comunidade, unionista e nacionalista, o partido máis moderado supera en pouco ó partido máis radical. En concreto, o Partido Unionista do Ulster recibe o 26 % dos votos e o Partido Socialdemócrata e Laborista o 22 %, mentres o Partido Democrático Unionista e o Sinn Féin reciben o 20 %, respectivamente. Un artigo de Benjamin Kienzle no canal Mundo.
.