Nunca Máis ten preparados unha morea de actos espallados polas vilas galegas e por outras cidades onde a plataforma ten representación para conmemorar o aniversario do afundimento do Prestige. Hoxe luns, no salón de actos da ONCE da Coruña celébrase ás oito da tarde unha mesa redonda sobre as cuestións xurídicas e técnicas da catástrofe, coas intervencións do capitán da Mariña Mercante Felipe Louxán, e do avogado de Nunca Máis, Pedro Trepat. Ademais, hai actividades en Compostela, Pontevedra, O Barco, Vilagarcía e Barcelona. O programa péchase o domingo 16 de novembro cunha nova manifestación en Santiago.
.