Vimos de coñecer que o goberno portugués anda cavilando a posibilidade de axustar o seu horario oficial ao maioritario na Unión Europea, co cal este mesmo mes non se adiantaría nunha hora. Así, aínda que sería improbable a aplicación desta medida neste ano e a actual lei reguladora da cuestión está vixente deica o 2007, o executivo mantén aberto un estudio do impacto socio económico que esta decisión tería sobre o país. Lembrámoslles de paso unha reivindicación pouco coñecida: Galiza, pola súa situación xeográfica na mesma faixa horaria ca Inlgaterra, Portugal, Canarias ou Irlanda debería atrasar os reloxios nunha horiña. Con esa intención hai tempo que está na rede a web Na Galiza unha hora menos.
.