O Cineclube de Compostela inicia a súa programación 2003/2004 cun ciclo dedicado á producción cinematográfica africana das últimas décadas. A Sala Yago, nova localización das proxeccións, acollerá entre o xoves 9 e o domingo 12 de outubro unha ducia de sesións dos autores máis significativos das descoñecidas cinematografías nacionais africanas: Cheick Oumar Sissoko (Mali), Idrissa Ouédraogo (Burkina Faso), Flora Gomes (Guinea Bissau), Abderrahmane Sissako (Mauritania), M. Jaoul de Poncheville e José Laplaine. Máis información en Vieiros Santiago.
.