O completo monográfico sobre o realizador Jacques Tourneur e a entrevista ao director canadiano Atom Egoyan sobre o seu último film Ararat son os principais contidos do novo número de Ariel, o boletín galego de cinema elaborado ao abeiro do Cineclube Compostela. Co mesmo rigor e orixinalidade dos dous números anteriores, a revista ofrece tamén as súas habituais seccións de filmes revisitados (Viaxe por Italia, de Roberto Rossellini e Rancho Notorious, de Fritz Lang), os artigos de fondo (A rapaza da fábrica de mistos e o cinematógrafo de Aki Kaurismäki ou Do the right thing. A Colmea de Brooklin) e as crónicas do Festival Internacional de Cinema de Xixón 2002 e da Semana Internacional de Cinema de Valladolid 2002. Este novo número de Ariel consta de 64 páxinas en galego sobre cinema.
.