Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

O Festival Poético do Condado acórdase do Prestige

O Festival da Poesía regresa un ano máis a Salvaterra de Miño para berrar contra a guerra e contra o Prestige, "no único espacio da Galiza que acadou a independencia: a poesía", como lles gusta dicir aos organizadores. Ademais de versos, interpretados por Estevo Creus, Daniel Salgado, Manolo Rivas ou Kiko Neves, o festival inclúe unha variada programación con exposicións, entre outras, das Redes Escarlata e do Museo do Humor de Fene, proxeccións audiovisuais e concertos de grupos galegos e lusófonos. A cita é do 3 ao 6 de setembro na Praza do Castelo. O decano do Colexio Oficial de Xornalistas de Galicia, Xosé María Palmeiro, inaugurou no marco do Festival a mostra fotográfica Marea Negra, organizada polo propio COXG coa colaboración do colectivo Burla Negra. A exposición estará instalada ata o día 15 de setembro.

- 08:15 02/09/2003
Tags:

.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: