Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

'Viñetas dende o Atlántico'

Tres mestres da banda deseñada xa desaparecidos: Ivá, Alberto Breccia e Hernández Palacios, serán homenaxeados na sexta edición do salón de banda deseñada da Coruña. Ademais, haberá varias exposicións de autores revelación e debuxantes consagrados. Entre os asistentes ao certame estarán Juanjo Guarnido, autor da exitosa Blacsad, Manel Fontdevila, responsable de La Parejita ou o portugués José Carlos Fernandes, un dos poucos debuxantes lusos que publica de forma habitual en España. Unha mostra sobre a guerra no cómic, con especial atención ao recente conflicto en Iraq, a exposición ‘A ciencia na banda deseñada’e a obra ao fío do Prestige do ‘colectivo chapapote’, farán parte tamén do programa. A cita entre o 11 e o 17 de agosto nos cantóns coruñeses. Ademais da web oficial recomendámoslles tamén o soportal de banda deseñada de Culturagalega.org. Ademais, poden botarlle un ollo á sección específica no buscador de Vieiros.

- 07:18 11/08/2003
Tags:

.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: