A falta do Festival do Norte, Vilagarcía abre este ano as festas de San Roque cun novo festival de rock que deu en chamar SAN ROCKe, e polo que pasarán os grupos Killer Barbies, The Dismal, Sex Museum e Skunk DF, entre outros. Pero aínda hai moitos máis concertos programados, e todos de balde.
O festival comeza o 8 de agosto, no parque da Xunqueira, a partir das 23.30 horas, cos concertos de Sex Museum, Skunk DF, The Dismal e Down Level. Ao día seguinte actúan Killer Barbies, Triceratops, Río Bravo e High Sierra.
O domingo 10 actúa Tamara, a cantante de boleros, no Parque da Xunqueira, a partir das 23.30 h. Para esta xornada tamén está prevista a Festa da Empanada e un Certame de Habaneras.
O concerto forte do día 12 protagonízao El Canto del Loco, no lugar e hora de costume. O 14 sube ao escenario Ska-p e ás doce e media da noite comeza a Festa Aqua Dance no Cavadelo. A multitudinaria Festa da Auga é o 16 de agosto.
Obterán información detallada sobre o programa de festas na web do
concello de Vilagarcía.