Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Seleccionados os finalistas do Constantino Bellón

O premio Constantino Bellón de Gaita, organizado polo Ateneo Ferrolán, xa ten os seus doce finalistas: Santiago Agustín Molina (Arxentina), Francisco Franco Caamaño (Baracaldo), Walter Andrés Almirón (Arxentina), Daniel Lumbreras (Guipúzcoa) e os galegos Pedro Álvarez, Suso Pernas, David Bellas, Bruno Villamor, Agustín Sánchez, Daniel Bellón, Pablo Dalama e Víctor Iglesias. Os catro representantes da diáspora obtarán ao galardón 'Gaiteiro de Soutelo', reservado para a emigración. Os gañadores decidiranse o 31 de agosto no Fimo de Ferrol. Por outra parte, o Concello de Ponteareas abriu o prazo para inscribirse na XXXVI Concurso de Gaitas, dirixido a grupos que conten alomenos con dous gaiteiros, un bombo e un tamboril. A data límite para apuntarse é o 13 de setembro e a final terá lugar o 21 do mesmo mes.

- 11:20 06/08/2003
Tags:

.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: