Filmax comeza a rodar o 12 de agosto na Fonsagrada a película 'Romasanta', baseada na lenda do vendedor ambulante Manuel Blanco Romasanta, máis coñecido como o lobishome de Allariz, a quen se lle atribúe a morte de doce persoas nos bosques galegos, alá polo ano 1850. O filme está dirixido por Paco Plaza e protagonizado por Elsa Pataky e Julián Sands. O argumento e a documentación son cousa do escritor Alfredo Conde. Filmax prepara ademais un documental sobre a historia real de Romasanta. Aquí poden obter máis información sobre a misteriosa personaxe.
.