A Illa de Sálvora e os illotes de Vionta e Noro poden continuar en mans privadas se o goberno non exerce a súa opción preferencial de compra. En resposta a unha pregunta do deputado do BNG Francisco Rodríguez, o goberno indicou que o organismo autónomo Parques Nacionais recibiu a comunicación do propietario da illa de proceder a súa venda, pero que se está estudiando a posibilidade da compra. Rodríguez cualificou a situación de escandalosa por tratarse dunha parte dun parque nacional. Máis información en Vieiros O Salnés.
.