Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Balaídos decidirá

O Celta perdeu onte pola mínima (2-1) no Velodrome ante o Olympique de Marsella. Nunha primeira metade con máis oportunidades para os franceses, Maurice meteu o primeiro gol logo dun incrible erro de Djorovic. No segundo tempo o Celta empatou, pero pocos minutos despois Maurice bateu a Dutruel. O resultado deixa as portas abertas a todo, pero o Celta ten que se mostrar máis ambicioso.

- 09:49 03/03/1999
Tags:

O Celta de Vigo non deu a talla doutras ocasións, aínda que finalmente o resultado non sexa malo: deixa abertas tódalas posibilidades. Mentres, o Olympique de Marsella tivo máis oportunidades pero non dominou o encontro.

Na primeira metade o conxunto francés tivo máis oportunidades, mais o Celta non desmereceu en xogo. Dutruel salvou unha ocasión clarísima de Blanc, pero logo o gol chegou nun erro de Djorovic que aproveitou Maurice e os xogadores fóronse ao descanso cun 1-0 no marcador.

Na segunda parte o Celta reaxiu e comezou a tirar a porta. Deixaron o medo nos vestiarios e empeñouse en xogar o seu partido. A primeira ocasión clarísima foi para Oscar Vales, que estrellou o balón no poste dereito de Porato. O Celta dominaba e o resultado chegou finalmente: un centro raso de Revivo, con erro de Porato, foi aproveitado por Mostovoi para empatar o encontro.

Sen embargo, tres minutos depois, Maurice marcou de novo desdebuxando o xogo que estaba a facer o Celta. A partir de aí, os vigueses conformáronse co resultado e adicáronse a controlar ao rival. Finalmente, un 2-1 no marcador que deixou felices a todos. A eliminatoria está aberta e Balaídos decidirá quen chega a semifinais da Copa da UEFA.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: