Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

A primeira beta galega do OpenOffice

Xa está dispoñible a primeira traducción beta ao galego do OpenOffice para Microsoft Windows e GNU/Linux. O OpenOffice é un paquete ofimático de programas libres que inclúe un procesador de textos, un xestor de follas de cálculo, un programa de gráficos vectoriais e aplicacións de edición de HTML e presentacións. Ou sexa, as potencialidades do Office de Windows, pero en código aberto.

- 11:04 23/06/2003
Tags:

A primeira versión da traducción ao galego do OpenOffice pódese baixar de balde dende a web do proxecto. O traballo de traducción aínda non está rematado e o responsable da iniciativa, o informático galego-arxentino Roberto Abalde fai un chamamento á comunidade galega en internet "para botar unha man nesta importante tarefa".

O OpenOffice é o paquete ofimático máis moderno dispoñible en galego. Pode traballar perfectamente cunha grande variedade de formatos de arquivos, incluíndo os do Microsoft Word, Excel e Power Point, co que resulta moi sinxelo pasarse a el dende o Office de Windows e seguir intercambiando documentos con usuarios doutros paquetes ofimáticos.

O OpenOffice é o proxecto de software libre máis grande do mundo, con máis de 7,5 millións de liñas de código e foi desenvolvido pola comunidade OpenOffice.org, onde tamén se pode atopar información técnica adicional.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: