Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

O Concello merca o Cuartel de San Fernando

O Alcalde e o Secretario de Estado de Defensa asinaron o luns o convenio polo que se acorda a cesión do Cuartel de San Fernando ó Concello, que levantará nesas instalacións o Auditorio que Lugo está a esperar dende o derrubo do Gran Teatro.

- 09:40 03/03/1999
Tags:

O valor económico da operación é dde 355 millóns de pesetas, pero non se abonarán en metálico. O Concello construirá unha nova edificación coma sede da Delegación de Defensa na provincia e ademáis recalificará terreos de As Gándaras que actualmente se atopan en poder do Ministerio.

A construcción do futuro auditorio achégase un chisco con esta sinatura, pero aínda hai que agardar. De momento, está pendente a resolución do concurso de ideas convocado polo Concello para a construcción desa dotación. Dita convocatoria pechouse xa e resolveráse nas próximas semanas.

O Cuartel de San Fernando atópase na actualidade en uso, pero moi restrinxido. Estas instalacións seguen a se-la sede da Delegación de Defensa, que ocupa só unha pequena parte do Cuartel, pois xa non hai tropas en Lugo. En canto se resolva o concurso de ideas para a construcción do Auditorio saberáse tamén se cumpre aloxar a Delegación nunha sede provisional ou pode esperar no propio Cuartel á construcción da nova sede.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: