Os grupos da oposición no Concello de Lugo propuxeron no último pleno a supresión do poboado xitano de Nazaret, na zona do Carqueixo e a integración dos seus habitantes no núcleo urbán, mediante o desenvolvemente de programas de inserción social e laboral.
O Partido Popular non apoiou esta iniciativa, salientando as dificultades de integrar masivamente a tódolos habitantes actuais do poboado. De feito, a proposta, defendida polo BNG, o PSdeG-PSOE e IU, non estaba dotada dun estudio en detalle das posibilidades de inserción, senón que pon máis ben de manifesto a inxustiza da existencia dun gueto e as precarias condicións de vida que están a sufri-los xitanos lucenses.
O debate sobre O Carqueixo xurdíu da discusión e col dun convenio do Concello co Instituto da Vivenda para erradica-las novas chabolas construídas polos xitanos. Dito convenio é aceptado por tódolos grupos, pero a oposición considera que se trata dunha medida só parcial e criticou a pouca disposición do goberno municipal para rachar coa discriminación que se evidencia no Carqueixo.