José Antonio Madiedo, ex director xeral da Mariña Mercante e actual presidente da Asociación Española da Mariña Civil, levará a Juan Manuel Muñiz, presidente de Aetinape (Asociación de Titulados Náutico-Pesqueiros), aos tribunais por cuestionar a súa actuación na catástrofe do Casón en 1987, cando Madiedo era o máximo responsable da seguridade marítima española. Máis datos no especial A Negra Sombra do Prestige.
.