A Asociación de Escritores en Lingua Galega elixiu ao dramaturgo Euloxio Ruibal como novo presidente en substitución de Bernardino Graña, que cesou por motivos de saúde. Tamén entraron no equipo directivo, como vocais, Rosa Aneiros e Henrique Rabuñal. Na xuntanza que mantiveron a fin de semana pasada no Museo do Pobo Galego, a secretaria da Asociación, Yolanda Castaño, informou do nomeamento de María Xosé Queizán, Bernardino Graña e Manuel María como membros de honra da AELG. Tamén deu conta da adquisición dun local propio para a Asociación, da mellora da infraestructura técnica e da incorporación de 30 novos socios.
.