Roberto Vidal Bolaño, o mellor autor teatral do noso XX, foi o vencedor da gala 2003 dos premios María Casares con catro galardóns póstumos. Os premios do teatro galego inclináronse pois pola reconciliación e por un xusto sentimentalismo, e repartiron (moito) o resto: iso si, sen contar a penas co CDG. O acto estivo presidido por Nunca Máis e polo 'non á guerra': bandeiras, adhesivos, saias plisadas... As bromas, as acusacións, os apelos á memoria electoral, foron continuos nos discursos, ao igual cás referencias a Vidal Bolaño e ao tamén recentemente desaparecido Francisco Taxes, ou as peticións ao baleiro para evitar a emigración dos teatreiros: dous dos gañadores estaban traballando en Portugal.
Os galardóns: