A renovada estatística da inflación deixaba ao fío do 4% a inflación oficial. Pero o sentimento cidadán de que os euros escapan dos petos a un ritmo maior vén de atopar confirmación no informe InfoScan Book 2002: o custo da cesta da compra dos fogares aumentou no Estado ata un 10% cunha crecente perda de poder adquisitivo. Contámoslles tamén que o conselleiro de Economía deixaba nun 0,2% os prognósticos oficiais de caída do Producto Interior Bruto en Galicia debido ao efecto Prestige e falaba dun 0,6% de baixa na taxa de creación de emprego. E vimos de coñecer tamén a débeda acumulada da nosa comunidade: 3.144 millóns de euros, cun aumento do 2,1%. Poden ampliar estas informacións no Diario de Titulares.
.