Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Coa recesión ás portas, os que farán negocio igual

O agoiro dunha guerra prolongada, a suba dos prezos do petróleo, os cambaleos das bolsas, a confianza danada dos consumidores,... O director do Fondo Monetario Internacional, Horst Koehler, agoira con este escenario unha recesión económica global. Prognosticou un crecemento do 3% para o 2003 e subliñou a marxe de manobra que terían os bancos centrais para baixar os tipos de xuro. Mentres, a inestabilidade bolseira non lle afecta a un sector: a industria armamentística levanta do pozo no que se atopaba hai poucos meses e acada máximos históricos de cotización. O negocio da guerra ten cinco grandes nomes: General Dynamics, Northrop Grumman, Raytheon, Lockheed Martin e Boeing.

- 10:34 27/03/2003
Tags:

.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: