Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

O Reino Unido recoñece a lingua de signos

O anuncio fixérono o secretario de estado de Traballo e Pensións, e a ministra para as Persoas Discapacitadas. O goberno británico recoñece así a lingua de signos británica (BSL) como unha lingua de dereito, e mirará por axeitar os seus usos ao que estipula a Carta para as Linguas Minorizadas do Consello de Europa.

- 08:12 20/03/2003
Tags:

A Asociación Británica de Xordos recibiu con alegría a decisión, e anunciou que seguirá presionando para que a lexislación inglesa se vaia axustando ao que require a lingua de signos británica. O goberno de Blair estima que 70.000 xordos británicos empregan a lingua de signos, un código visual e xestual que ten un vocabulario, unha gramática e unha sintaxe de seu. Ademais, adquire un compromiso de protexer e promover esta lingua do mesmo xeito có resto de linguas minortitarias, e xa está establecendo unha serie de áreas funcionariais e servicios que deberían contar cun intérprete de lingua de signos.

No noso país, unha boa parte dos xordos empregan o dialecto galego da Lingua de Signos Española, que ofrece a penas algunhas peculiaridades propias sobre a base da lingua de signos común. Pero nin ese dialecto nin a lingua de signos española (que usan 200.000 xordos e xordas en todo o estado) gozan de ningún recoñecemento oficial. Nesta mesma lexislatura foron rexeitadas no Congreso dúas proposicións non de lei a prol do recoñecemento da lingua de signos e do dereito a unha educación bilingüe dos nenos e das nenas xordas. Tedes máis información na web da Federación de Asociacións de Xordos do País Galego.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: