Os pensionistas galegos son os que menos perciben de todo o Estado. A pensión media por xubilación en Galicia foi en decembro de 2002 de 482 euros, mentres que os xubilados do País Vasco cobran unha media de 765 euros. As diferencias son máis significativas se se ten en conta que foron aumentando nos últimos dez anos. En 1993, a pensión media por xubilación no País Vasco era de 472 euros e en Galicia, de 330. Segundo o último Boletín de Estatísticas Laborais, máis de 679.000 galegos cobran algún tipo de pensión contributiva.
.