Esta fin de semana, a Interpol lanzou a orde de busca e captura sobre o ex presidente peruano Alberto Fujimori, accedendo á fin ás esixencias da xustiza daquel país. Fujimori, quen nega todos os cargos que lle imputan, vive no exilio xaponés, dende onde mantén unha web na que conta a súa versión e descarga culpas sobre asuntos varios de corrupción, asasinatos e tráfico de drogas no que fora seu brazo dereito, Vladimiro Montesinos. Disgustados porque o sitio non inclúa nin correo nin foro onde rebatirlle, os internautas peruanos desenvolveron varias webs onde deixar as súas queixas.
.