Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Acusan o alcalde do Porriño de acoso sexual

A Audiencia de Pontevedra vén de admitir a trámite unha querela contra o alcalde popular do Porriño, José Manuel Barros, por acoso moral e sexual no traballo. A denuncia foi presentada pola que fora secretaria do edil porriñés, Isablel Penedo, quen ao parecer, leva dez anos soportando as presións e ameazas do alcalde, unha situación coñecida por todos no concello e que a levou a estar os últimos dous anos de baixa por depresión, segundo fontes municipais. A funcionaria decidiuse agora a falar e asegura que "a denuncia está moi documentada con todo tipo de probas".

- 10:09 03/03/2003
Tags:

Esta non é a primeira vez que Isabel Penedo denuncia o alcalde do Partido Popular, José Manuel Barros, á fronte do concello de Porriño durante seis lexislaturas ininterrompidas.

Os problemas, segundo explican fontes próximas ao concello, comezaron no ano 93, cando a por entón secretaria do alcalde tivo que aguantar o trato vexatorio do rexedor tras asistir a unha reunión sindical.

"Ela denunciouno e o alcalde illouna colocándolle un xigantesco armario diante", de acordo coa versión dun membro da corporación. "Cando no 95 saiu a setencia favorable a Isabel Penedo, Barros confinouna a un torreón das dependencias municipais no que só había unha mesa. Así estivo máis de dous anos".

Estas son só algunhas das "anécdotas" que padeceu a empregada, unha das poucas funcionarias de carreira do municipio porriñés, xa que a maioría dos postos son interinos e adxudicados a través de convocatorias irregulares, na opinión do BNG local.

Isabel Penedo estivo tamén destinada no Centro Multiusos de Torneiro e volveu ao concello tras xubilarse o funcionario que atendía o censo. Agora leva alomenos dous anos de baixa por depresión, de acordo coa información facilitada por fontes do BNG: "Parece ser que a vixían e que a chaman por teléfono para insultala, un fustigamento continuo dirixido polo alcalde".

Penedo asegura que non denunciara con anterioridade o acoso sexual debido "á situación de desamparo que vivía e á vergoña que me producía. Era moi nova cando todo comezou e non estaba preparada para afrontalo", manifestou a denunciante. Isabel tamén acusa o alcalde de lesións, ameazas e trato degradante.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: