Un galego no top 20 dos billonarios non podía ser outro que o tsar de Inditex: Amancio Ortega, cunha fortuna calculada en 10.300 millóns de dólares. Na listaxe dos máis ricos do planeta que anualmente publica a revista Forbes, Ortega escala postos outra vez: do 45º no ano 2001 ao 25º no 2002 e ao 18º mundial (5º de Europa) no 2003. Ademais, por vez primeira entra na clasificación, posto 236, a súa ex muller, Rosalía Mera. No máis alto do pódium dos que todo o poden mercar: o todopoderoso Bill Gates, líder de Microsoft, que gaña os millóns por minuto dende que se ergue pola mañá.
.