A rectora da UNED en Pontevedra, María Araceli Macía, anuncio este xoves que a partires do vindeiro curso se implantará o segundo ciclo de Antropoloxía, e, previsiblemente, no curso 2004-2005 comezará a funcionar a titulación de Xornalismo. Ademais aprobouse un orzamento de 1.274.865 euros para o 2003 e confirmouse ao profesor Gerino Calvo como director do centro para un período de catro anos.
A Xunta Rectora do Centro Asociado da UNED en Pontevedra congregou ao redor da mesma mesa ao exalcalde do PP, Juan Luís Pedrosa, representando a Deputación, e aos alcaldables do BNG, Miguel Lores, como alcalde, e do PSOE, Teresa Casal, actual secretaria da UNED en Pontevedra.
Ademais do anuncio das novas titulacións quedou de manifesto o éxito de acollida de Turismo, implantada neste curso, así como o bo funcionamento do sistema de avaliación virtual como alternativa ao modo tradicional de exame.