Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Bush deu a orde: comezou a guerra

Ás 3h35 do 20 de marzo ducias de mísiles Tomahawk eran disparados dende catro barcos e dous submariños dos EEUU, apoiados polo ataque simultáneo de varios avións. Segundo declaracións dos mandos militares á CNN, esta primeira vaga de bombas sobre Bagdad tería o obxectivo concreto de matar o presidente Sadam Hussein e altos mandos do seu goberno. Segundo o Goberno británico, non supón aínda “o comezo da gran campaña”. Unha hora despois deste primeiro bombardeo producíase un discurso televisado de Bush que advertía dun conflicto “complicado e longo”. A continuación, a televisión iraquí difundía unha mensaxe de Sadam facendo un chamamento á guerra santa e denunciaba que “o pequeno Bush criminal cometeu un crime contra a humanidade”. Os colectivos pacifistas convocaron manifestacións de protesta en todas as vilas e cidades ás 12:00 e ás 20:00 de hoxe, e tamén ás 20:00 do sábado.

- 09:41 13/02/2003
Tags:

.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: