Preto do 90% da asemblea local do PSdeG-PSOE en Santiago deulle a beizón este martes á lista presentada polo alcalde Bugallo cara as próximas municipais. A principal novidade: a inclusión no sexto posto de Xaquín Fernández Leiceaga, quen hai uns días demitía coma concelleiro do BNG e dábase de baixa na fronte nacionalista. Pola banda do Bloque descártase que o acontecido vaia supoñer problemas no pacto actual ou futuro entre as dúas formacións. Máis información en Vieiros Santiago onde aínda poden consultar a conversa que mantiña Leiceaga con Vieiros coincidindo coa súa saída do goberno municipal. Poden botarlle unha ollada tamén ao Dosier sobre o BNG.
.