Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

O 'Prestige' parte en dous

Segundo informa a Delegación do Goberno, cara as 8h desta mañá, cando se atopaba xa a a 137 millas de Fisterra, o 'Prestige' partiu en dous pedazos que se dirixen agora cara o sur, en augas portuguesas, aínda que o fuel segue chegando ás costas galegas. O perigo agora está nunha nova mancha de chapapote de 6x3 millas dirección norte cara a Corrubedo, ademais doutras que están a 3 millas de Muros e a 4 da Coruña. Mentres, o conselleiro de Pesca, Henrique López Veiga, anunciaba axudas inmediatas a preto dun milleiro de traballadores afectados: 30 euros por día, que se cobrarán cada quince días. Claro que os mariscadores aínda non cobraron as axudas polo desastre anterior provocado polo Mar Exeo, e daquilo van xa 10 anos... Coa catástrofe feita xa realidade, comezaron as labores de recollida de hidrocarburo nos puntos máis afectados da costa: Camariñas, Corme, Laxe, Ferrol, Betanzos e A Coruña. Facemos un seguimento especial en Vieiros Costa da Morte.

- 12:38 18/11/2002
Tags:

.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: