Cando os mariscadores aínda acaban de recibir as indemnizacións por mor do desastre do Mar Exeo que aconteceu hai 10 anos, as costas galegas están a ver como outro petroleiro lle gomita fuel nas súas entrañas. As organizacións ecoloxistas reclaman medidas preventivas contra este tipo de catástrofes e máis responsabilidade por parte dos gobernos. ADEGA denunciou a "deficiente coordinación e a insuficiencia" dos medios dispoñibles para loitar contra a marea negra, así como que se declare a Costa da Morte como zona catastrófica. WWF/Adena fala neste especial da indefensión que sofren as costas galegas e fala do 'Prestige' como un caso paradigmático deste tipo de accidentes: vello petroleiro de casco simple, que non estaba en condicións para navegar, con bandeira de conveniencia e que viña incumprindo sistematicamente a lexislación internacional coa "permisividade das autoridades". Mentres, Greenpeace denuncia neste artigo as actividades das empresas petroleiras e a lentitude da UE para controlar este tipo de transportes perigosos. E recordan: 600 petroleiros diarios cruzan o estreito de Xibraltar dirixíndose á Costa da Morte. A resposta ecoloxista, neste seguimento especial do Canal Verde de Vieiros.
.