Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

As propostas de Greenpeace para que non se repita

As Mareas Negras non son froito da casualidade nin da mala sorte. O grupo ecoloxista ten moi claro unha serie de medidas básicas que se deberían tomar, e critica a débil e permisiva normativa que en todo o mundo permite que as petroleiras non extremen as medidas de seguridade e escapen a toda responsabilidade.

- 09:20 15/11/2002
Tags:

Obrigar ao dobre casco neste tipo de buques e prohibir que operen baixo bandeira de conveniencia son dúas medidas fundamentais que segundo argumenta Greenpeace rematarían case por completo con catástrofes similares á do ‘Prestige’.

Lembran os ecoloxistas que moitos desastres anteriores: mar Exeo, Erika, Exonn Valdez, Urkiola,... reciben atención política no momento en que suceden pero co tempo, non se chega nunca a establecer as medidas preventivas que impedirían novas catástrofes similares.

Láiase Greenpeace que á compañía do ‘Prestige’ non se lle vaia esixir ningunha responsabilidade civil nin ambiental e que os custes de limpeza e recuperación caian se cubran con cartos públicos. Piden por iso, que se remate coas bandeiras de conveniencia, que lle permiten a petroleiros coma o ‘Prestige’ navegar sen cumprir ningún tipo de normativa nin control.

Segundo denuncian, a directiva para o control do transporte de sustancias perigosas prohíbe buques de máis de 15 anos e casco único, pero a demora na aplicación nos estados membros unha vez máis fai que non se chegue a tempo.

Por último, advirten do altísimo número de petroleiros que diaramente navegan preto das nosas costas e apuntan que non só é importante lembrarmos o risco medioambiental deste transporte, senón tamén o que significa: un modelo enerxético insostible e xerador de graves problemas, coma o cambio climático.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: