Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

O ‘Prestige’ fora advertido de erros de seguridade

“É un barco de bandeira de conveniencia, con 26 anos de antigüidade, e con deficiencias de seguridade detectadas alomenos en dúas ocasións nos dous últimos anos, nos portos de Nova York e Rotterdam”, así vén de referirse ao ‘Prestige’ Emilio Martín, secretario xeral do Colexio de Prácticos de Portos Españois, nos micrófonos da Radio Galega, quen denuncia tamén que as presións económicas dos armadores están pesando máis que as propostas de seguridade e lembrou o alto número de buques con mercancías perigosas que pasan fronte ás costas de Fisterra. Ademais, a Comisión Europea advirte que o ‘Prestige’ evitaba os portos europeos para non ser sometido a revisións e pídelle explicacións ao Reino Unido por non terlle realizado controis de seguridade ao barco durante a súa estancia en Xibraltar.

- 12:50 14/11/2002
Tags:

.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: