Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

A UNED abre curso

A aplicación concreta da videoconferencia na Xustiza, e a incidencia negativa que puidese ter no respecto aos dereitos humanos será o tema da lección inaugural da universidade a distancia.

- 11:40 29/10/2002
Tags:

O uso da videoconferencia en xuízos centra a exposición coa que Agustín Pérez, catedrático de Dereito Penal da Universidade da Coruña, inaugura o curso 2002-2003 do centro coruñés da UNED.

O papel das novas tecnoloxías no eido xudicial ten sido polémico e a súa chegada a esta administración avanza ademais máis lentamente por estes pagos, onde aínda se debate a súa aceptación nos procesos penais. As incidencias que puidera ter no respecto aos dereitos humanos serán parte da exposición.

O centro coruñés presta apoio para seguir todas as titulacións que imparte a UNED. Poden atopar máis información na súa web.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: