Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

... e Bugallo resposta

O alcalde de Santiago respondeu ás acusacións de Francisco Vázquez recomendándolle que se ocupe de conseguir o porto exterior para A Coruña en lugar de criticar a Santiago. Segundo Sánchez Bugallo, este tema é xa unha obsesión para o rexerdor herculino.

- 22:34 01/03/1999
Tags:

Para o alcalde santiagués, Xosé Sánchez Bugallo, as reiteradas críticas a Compostela de Vázquez convertéronse en "obsesión". Bugallo pediulle onte que non descoide asuntos internos do seu concello e que non faga da comparación con Santiago o centro da súa campaña electoral.

"É normal a competencia entre cidades, pero non a base de poñérmonos a zancadilla", apuntou Bugallo visiblemente molesto polas declaracións de Vázquez ao criticar o "excesivo protagonismo" que ao seu entender dá a Xunta a Compostela.

Para o rexerdor de Santiago, "o normal é que A Coruña loite por ter un porto importante e que Santiago o faga por ser a cidade da cultura, en lugar de nos enfrontar". Advertiu ademais que se o proxecto do norte da península fracasa na Coruña, "Vigo aguantará como poida, pero será Porto o gran porto do norte da península".

Por outra banda, respecto da polémica dos aeroportos, Bugallo afirmou que "se conseguen devaluar a Lavacolla, o aeroporto que se levará o gato á auga será tamén o de Porto", polo que afirmou que "temos que actuar en conxunto e non como cidades estado".

"Todo o que é bo para Santiago éo tamén para Galicia", engadiu, "e non se nos pode privar de esixir as nosas reivindicacións, ademáis non se pode negar que historicamente e na actualidade esta cidade é a capital cultural galega, gústelle ou non a Francisco Vázquez". Ademais, atribuiu a actitude do alcalde coruñés á "necesidade de revalidar a súa maioría absoluta na cidade".

Bugallo recoñeceu tamén a falta de diálogo entre os dous alcaldes socialistas: "a última vez que falei con el foi hai dous anos e dixémonos ola e adeus". Nembargantes, sinalou que "nunca dende Santiago se criticou á Coruña como el o fai connosco". Lembrou ademais que se á capital galega "lle vai mal, á Coruña iralle moito peor". Para o rexedor compostelán, a actitude de Vázquez só serve para "abrir feridas absurdas entre as cidades" e recordou que os santiagueses sentíronse "indignados e con razón" ante a actitude de Vázquez.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: