Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

¿Pero é legal recibir a televisión portuguesa?

Si que o é. En base á legalidade vixente, existe a posibilidade de solicitar a recepción da televisión portuguesa no noso país. A partir da lexislación autonómica, estatal e, especialmente, a comunitaria europea, é posible vermos as canles portuguesas en Galicia.

- 12:12 16/09/2002
Tags:

A Unión Europea fomenta a 'libre prestación de servicios e mercadorías', entre os que se inclúe o servicio da recepción de televisión. A directiva 89/552/CE, alterada pola directiva 97/36/CE, é coñecida como 'televisión sen fronteiras'. No seu texto indica que 'os estados membros asegurarán a liberdade de recepción e non lle colocarán pexas á restransmisión nos seus territorios de programas de radiodifusión televisiva procedentes doutros estados membros por razóns que caian dentro dos dominios coordenados pola presente directiva”. Esta normativa tiña como prazo de transposición ata o 30 de decembro de 1998.

As relacións culturais de Galicia cos 'estados cos cales manteña particulares vínculos culturais ou lingüísticos' son referidos no artigo 35.3 do Estatuto de Autonomía. Neste punto sinálase que a Comunidade Autónoma poderá solicitar do Goberno que presente ás Cortes os “tratados ou convenios” que permitan establecer relacións culturais com os Estados referidos.

No artigo 149.1 da Constitución abórdase que 'as normas básicas' que regulan os medios de comunicación” son competencia exclusiva do Estado. No 27º punto indica que esta competencia non implica 'a perda das facultades que no seu desenvolvemento e execución lles correspondan ás Comunidades Autónomas'.


4,67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: