España fíxose co control de Perejil sen violencia e sen ter que facer uso das armas. Claro que, de ser necesario, todas as balas serían españolas, xa que Marrocos é un dos principais clientes da industria militar española. Exactamente, segundo datos da Secretaría de Estado de Comercio, no 2000 Marrocos ocupaba o lugar número sete na listaxe de compradores de material de defensa, investindo ese ano 8 millóns de euros en armamento español. E iso tendo en conta que a Cátedra da Unesco sobre Paz e Dereitos Humanos di que o Goberno español non declara a terceira parte das exportacións de material bélico. Ademais, o Código de Conducta da UE prohíbe vender armas se o país de está en situación de tensión ou conflictos internos, ou se non respecta os dereitos humanos.
.