Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

O reto dunha edición crítica das Cantigas de Amigo

Por Rip Cohen
Un editor crítico enfróntase a diversos problemas para poder chegar a unha comprensión e fixación correcta do texto. A expresión E, pois m’ oíren (B 727 / V 328, v. 18) nunha cantiga de Rodrig’ Eanes de Vasconcelos dá un bo exemplo da importancia de que un editor ás veces saiba simplemente escoitar os manuscritos. Rip Cohen é visiting scholar da Johns Hopkins University e autor de estudios sobre poesía amorosa clásica, medieval, renacentista e moderna. Actualmente está preparando unha edición crítica das cantigas d’amigo da lírica galego-portuguesa.

- 05:17 27/06/2002
Tags:

É difícil dar unha idea aquí da nova edición crítica das cantigas d’amigo medievais galego-portuguesas en preparacion dende 1991, que pronto serán publicadas por Campo das Letras (Oporto) na colección Obras Clássicas da Literatura Portuguesa – neste caso un nome claramente pouco axeitado– co apoio do Instituto Português do Livro e das Bibliotecas do Ministério da Cultura. O libro ofrece o texto, aparato crítico, arredor dun milleiro de notas filolóxicas, unha introduccion, bibliografía e varios índices, e terá aproximadamente 600 páxinas en formato grande.

Quixera aproveitar esta oportunidade para mostrar unha páxina da edición e así chamar a atención, non só sobre a solución a un problema textual senón tamén sobre o feito de que ás veces os editores temos dificultades para ver o que temos diante dos ollos.

Calquera que se enfronte á preparación dunha edición crítica do corpus das cantigas d’amigo ten que afrontar unha serie de operacións: entre outras cousas, transcribir, cotexar, medir, analizar a forma estrófica e os sistemas de rima, puntuar, corrixir erros do contido, a gramática, e a métrica (incluíndo irregularidades da métrica que poden ser eliminadas coa substitucion dun alomorfo, como el[e] por el ou fez[o] por fez, e outros onde unha vocal foi claramente elidida), borrar (letras, palabras, frases ou versos), invertir a orde (letras, palabras, versos e mesmo estrofas), e facer conxecturas (unha palabra ou frase perdida, ou en ocasións un verso completo ou unha estrofa que falta). Pero ás veces é abondo dificultosa a simple lectura do que está escrito e a operación de separar as palabras correctamente (distinguere).

En B 727 / V 328, de Rodrigu’ Eanes de Vasconcelos, onde Nunes le moir[o]en no v. 18, deberamos dividir moyrê (BV) como m’ oíren. Deste xeito elimínase o problema métrico (moir’ én dá un verso hipométrico) e encóntrase unha sintaxe e senso perfectos. Aínda máis, en ningún momento do poema a protagonista morre. Ese papel correspóndelle ó mozo. [A] posíbel morte da amiga (Ferreiro 1992: 87) é invención dos editores (Braga 1878 xa le moyr’, seguido por Nunes, Machado e Machado, e Ferreiro; ver Ferreiro 1992: 90 [ad v. 18]). A moza só quere que a súa defensa (contra a acusación dos vv. 3-4 e 11-12) sexa escoitada por un xurado dos seus iguais (mhas amigas), que está segura que entenderán os seus argumentos (outorgar mho an) despois de oír o seu caso (pois m’ oíren). O verbo oír aquí ten ecos do seu senso técnico xurídico, “oír” un caso en xustiza (cf. CEM 105 [Estevan da Guarda], vv. 7, 11, 13 [e v. 21, onde oídor = “xuíz”]; ver tamén OLD s.v. audio 7b, Niermeyer s.v. audire 1 e Ferreira 1987, II s.v. ouuir), e úsase en coordinación sintáctica e lóxica con outorgar (ver os glosarios en CEM, CSM, Lorenzo 1977, Ferreira 1987, II e cf. Niermeyer s.v. auctoricare 1) no mesmo verso (sobre este uso dos termos e conceptos xurídicos nas cantigas d’amigo, ver Cohen 1996b: 5-16).

Neste caso, por tanto, só temos que ler o que está escrito nos manuscritos e dividir as palabras atendendo con coidado á métrica, fonoloxía, morfoloxía, sintaxe, léxico e lóxica discursiva. Esta é unha operación crítica clave, que non se debe subestimar nunca.

Finalmente, gustaríame mencionar que nunha conversa na Coruña en maio de 1998 M. Ferreiro, autor dunha edición crítica de Rodrigu’ Eanes de Vasconcelos (Ferreiro 1992), despois de reflexionar, aceptou a lectura m’ oíren, ó tempo que eu, durante a mesma conversa aceptei de seguida já çafad’ é pan de voda (Ferreiro e Pereiro 1996: 104, lendo çafad’ é con V) na fiinda de Guilhade-16 (B 755 / V 358), v. 21 (cf. B 831 / V 417 [Pero da Ponte], vv. 3-5), non sen un reproche, posto que un ano antes (Cohen 1996a [1997]) eu seguira a enmenda de Nobiling (1907), já çafou de pan de voda. O acordo nestas materias é posible se aplicamos método filolóxico. Ás veces podemos recuperar a lectura correcta con plena confianza alí onde dominara durante moito tempo unha lectura errada. En tales casos só precisamos “escoitar” os manuscritos.


Rodrig' Eanes de Vasconcelos-2

Se eu, amiga, quero fazer ben
a meu amigo, que ben non quer al
se non a mi, dizen que é[ste] mal
mhas amigas e que faço mal sen,
mais non as creo, ca sei ûa ren:
pois meu amigo morre por morrer
por mi, meu ben é de lhi ben fazer


Elas non saben qual sabor eu ei
de lhi fazer ben no meu coraçon
e posso lho fazer mui con razon,
mais dizen logo que mal sen farei
mhas amigas, mais ûa cousa sei:
pois meu [amigo morre por morrer
por mi, meu ben é de lhi ben fazer]


Eu lhi farei ben e elas verrán
preguntar m' ante vós por que o fiz
e direi eu "Qual ést' a que o diz?"
e, pois m' oíren, outorgar mho an,
ca lhis direi "Mhas amigas, de pran,
pois meu amigo mo[rre por morrer
por mi, meu ben é de lhi ben fazer]


E ante lhi quer' algun ben fazer
ca o leixar como morre morrer

Por lhi falar ben ou polo veer,
non lhi quer' eu leixar morte prender"


B 727 f.158r°-v° V 328 f.53v°
3 dizen [mi] Nunes; é[ste] Ferreiro : e BV
8 sobor V
9 faz’ eu bê BV : eu del. Nunes
18 m' oíren distinxi : moyre BV : moir[o] en Nunes (1)
20 (deprã) V ó comezo do v.
22 Eantelhi q'r B : Cantheli q't V
24 E. Gonçalves (1993: 582) distingue unha segunda fiinda aquí (sen separación en BV); falar (BV): fazer Nunes, fort. Recte


NOTAS
(1) Ningún editor anterior fixo a lectura correcta aquí, requirida polo senso e a métrica (e presente en ambos MSS). Nunes escribe moir[o] en (recentemente aceptado por Ferreiro) pero tamén suxire (vol. II, p. 468 e vol. III, pp. 146-147) [el] morr'en, ignorando o obvio por tres veces. Nótense os verbos en futuro nesta estrofa (farei, verrán, direi, outorgar mho an, direi). A constucción (pois + futuro de subxunctivo na cláusula subordinada, futuro de indicativo ou equivalente na cláusula principal) é común (por exemplo con oír, cf. CSM 8.8, 178.8, 198.8, 332.58, 337.6).

[ ] = engadido por un editor
( ) no aparato crítico = eliminado no manuscrito
^ = ~

Nota bene: non se inclúen no aparato as confusións entre u e n se aparecen só nun manuscrito, e o erro ir por rr (frecuente en B). As normas de transcripción utilizadas están resumidas en Cohen 1996a.

Manuscritos
B = Biblioteca Nacional (Lisboa), cod. 10991.
V = Biblioteca Apostolica Vaticana, cod. lat. 4803.

(2) Nota da redacción: O autor utilizou os signos < > para indicar o que engadiron os editores. Estes signos foron substituídos por [ ] por necesidades da edición html.


BIBLIOGRAFÍA CITADA

Braga, Theóphilo (1878). Cancioneiro portuguez da Vaticana. Edição critica restituida sobre o texto diplomatico de Halle, acompanhada de um glossario e de uma introducção sobre os trovadores e cancioneiros portuguezes, por –. Lisboa: Imprensa Nacional.

CEM = Lapa, Manuel Rodrigues (1970) Cantigas d’escarnho e de mal dizer dos cancioneiros medievais galego-portugueses. Edição crítica pelo prof. –. 2ª ed. Vigo: Editorial Galaxia [1ª. ed. Coimbra, Editorial Galaxia, 1965].

Cohen, Rip (1996a). Johan Garcia de Guilhade. 22 Cantigas d’Amigo. Edição crítica. Lisboa: Fundação Calouste Gulbenkian (suppl. de Colóquio-Letras 142).

Cohen, Rip (1996b). “Dança Jurídica. I: A Poética da Sanhuda nas Cantigas d’Amigo; II: 22 Cantigas d’Amigo de Johan Garcia de Guilhade: Vingança de Uma Sanhuda Virtuosa”, Colóquio-Letras 142: 5-50.

CSM = Mettmann, Walter (1959-1972). Afonso X, o Sabio. Cantigas de Santa Maria. 4 vols. Coimbra: Por ordem da Universidade (rpt. 2 vols., Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 1981; 2nd ed.: Alfonso X, el Sabio, Cantigas de Santa Maria, Edición, introducción y notas de –. 3 vols. Madrid: Clásicos Castália, 1986-1989).

Ferreira, José de Azevedo (1987). Afonso X. Foro Real. 2 vols. (Volume 1: Edição e Estudo Linguístico; Volume II: Glossário). Lisboa: Instituto Nacional de Investigação Científica.

Ferreiro, Manuel (1992). As cantigas de Rodrigu’Eanes de Vasconcelos. Edición crítica con introdución, notas e glosário. Santiago de Compostela: Edicións Laiovento.

Ferreiro Fernández, Manuel & Martínez Pereiro, Carlos Paulo (1996). Cantigas d’ Amigo. Antoloxía. Vigo: Asociación Sócio-Pedagógica Galega.

Gonçalves, Elsa (1993). “Rodrigu’Eanes de Vasconcelos”, in Lanciani & Tavani 1993, pp. 580-582.

Lanciani, Giulia & Tavani, Giuseppe, eds. (1993). Dicionário da Literatura Medieval Galega e Portuguesa. Lisboa: Caminho.

Lorenzo, Ramón (1977). La traduccion gallega de la Cronica General y de la Cronica de Castilla. Edición crítica anotada, con introduccion, índice onomástico e glosario. Vol. II Glosario. Orense: Instituto de Estudios Orensanos ‘Padre Feijoo’.

Machado, Elza Pacheco & Machado, José Pedro (1949-1964). Cancioneiro da Biblioteca Nacional, Antigo Colocci-Brancuti. Leitura, Comentários e Glossário por –. 8 vols. Lisboa: Edição da ‘Revista de Portugal’.

Niermeyer = Mediae Latinitatis Lexicon Minus. Lexique Latin Médiévale-Francais/Anglais. A Medieval Latin-French/English Dictionary. composuit J. F. Niermeyer, perficiendum curavit C. van de Kieft. Abbreviationes et index fontium composuit C. van de Kieft, adiuvante G. S. M. M. Lake-Schoonebeek. Leiden-New York-Köln: E. J. Brill, 1993 (1ª ed. 1976).

Nobiling, Oskar (1907). Die Lieder des Trobadors D. Joan Garcia de Guilhade (13. Jahrhundert) (doct. diss., Univ. Bonn, 1907) = As Cantigas de D. Joan Garcia de Guilhade / Trovador do Seculo XIII / Edição critica, com Notas e Introdução. Erlangen: Junge & Sohn (rpt. Romanische Forschungen XXV [1908]: 641-719; Cantigas de D. Joan Garcia de Guilhade / trovador do seculo XIII / escolhidas e annotadas por –. [Erlangen: Junge & Sohn, 1907] ten só os primeiros 38 textos).

Nunes, José Joaquim (1926-1928). Cantigas d’amigo dos trovadores galego-portugueses. Edição crítica acompanhada de introdução, comentário, variantes, e glossário por –. 3 vols. Coimbra: Imprensa da Universidade (Biblioteca de escritores portugueses) (rpt. Lisboa: Centro do Livro Brasileiro, 1973).

OLD = Oxford Latin Dictionary. ed. P. G. W. Glare. Oxford: Clarendon Press, 1983.


AGRADECEMENTOS
Quero dar as gracias ó Director e ó persoal da Biblioteca Nacional (Lisboa), ó Director e ó persoal da Biblioteca Apostolica Vaticana, e ó Director e persoal da Pierpont Morgan Library. Gracias a eles puiden ler todo o corpus das cantigas d’ amigo directamente dos manuscritos. E compráceme recoñecer o apoio das institucións que me axudaron durante os primeiros anos deste proxecto: Fundação Calouste Gulbenkian (1991-92); Instituto de Língua e Cultura Portuguesa (1992-93); Instituto Camões (1993-94); Junta Nacional de Investigação Científica e Tecnológica/Praxis XXI (1994-96).

Trad. de Mª Xesús Lama


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: