Logo de 18 meses de traballo vén de publicarse a versión 1.0 do paquete ofimático Open Office, a versión libre do Star Office. Este conxunto de programas, alternativo ao Microsoft Office, inclúe procesador de textos, folla de cálculo, programa de presentacións e de debuxo. Está dispoñible en 25 idiomas, incluíndo o portugués e o catalán, e corre baixo os sistemas operativos Windows, Linux, Solaris e outras variantes de Unix.
.