Tchhhh... Coidadiño con darlle ao botón 'back' do Explorer de Windows. Porque nunha destas éntravos un hacker malo coma o demo no voso sistema operativo e faivos un estrago. Estamos a falarvos dun novo buraco de seguridade no navegador máis utilizado (e con máis erros) do mundo, o Explorer de Bill Gates. Cóntanos as miudezas técnicas desta nova metedura de pata Wired News. Iso si, o buraco non funciona cos Mac.
.