Este martes un milleiro de pontevedreses congregáronse na Praza da Verdura para participar na Festa do Grelo, unha iniciativa gastronómica que chega a súa cuarta edición froito da colaboración entre hostaleiros e veciños deste entorno. O vindeiro sábado 23 será a quenda da Festa das Cabazas, unha antiga tradición recuperada dende fai dous anos polo equipo de goberno do BNG no Concello e que conta xa cunha masiva participación. Máis información en Vieiros Pontevedra.
.