Trala importante victoria co Mallorca, o Depor afronta o reto máis grande dos últimos anos, repetir, cando menos final do torneo do KO. Para elo Riazor debe ser un fortín como nos partidos importantes da liga ou Copa da UEFA. O equipo colchoneiro non será doado tralo cambio de adestrador e menos aínda en xuño.
O Deportivo terá no At. Madrid un rival moi complicado para acceder á final de Sevilla en xuño. O Depor contará co factor campo para o partido de volta. A eliminatoria terá lugar o 9 e 16 de xuño, aínda sen rematar o campionato de liga. Jabo Irureta prefería a Valencia ou Real Madrid, pero o bombo non perdoa e ó final os siareiros soñarán cunha nova final Valencia-Deportivo. Antes, o domingo os coruñeses debe pasar un novo exame ligueiro coa Real Sociedade en Riazor.