Na mañá do xoves os 'carabinieri' (versión italiana da Garda Civil) entraron en varios centros sociais, entre eles Indymedia Italia, na procura de material de audio e de video relacionado cos sucesos de Xénova, onde foi asasinado o militante antiglobalización Carlo Giuliani. A operación policial, que aínda continúa, estase a realizar en cidades de todo o país. Dende o Indymedia italiano declaran que toda a información que eles posúen téñena á vista de todo o mundo na súa web e din que "non temos nada que agochar". Independent Media Center (Indymedia) é unha publicación electrónica alternativa, realizada por militantes antiglobalización de todo o mundo, con delegacións en varios países e cidades.
.