Acórdanse de Denis Tito, aquel individuo que pagou 20 millóns de dólares para converterse no primeiro turista espacial. Pois acabamos ter noticia do segundo. Chámase Mark Shuttleworth, é sudafricano e pode permitirse a excéntrica millonada de viaxar á Estac ión Espacial Internacional gracias á venda hai dous anos, cando tiña 26, da empresa de comercio electrónico que fundou no garaxe da casa. Shuttleworth tamén é o creador dunha fundación co seu nome que tenta achegar as novas tecnoloxías a países en vías de desenvolvemento.
.