Andaba a NBA de capa caída buscando unha superestrela que lle dése a chispa que parecía ter perdido nos últimos anos. Entre os mozos algún apuntaba ben, pero non atopaban o revulsivo definitivo. E nisto estaban cando Michael Jordan -que debe aburrirse moito fóra das pistas- decidiu volver á mellor liga de básquet do mundo. Volve, iso si, para xogar cos Wizards, en principio un dos equipos máis febles. Queda por ver se un equipo con Jordan no grupo pode ser malo. Aos empresarios que se moven arredor da liga xa se lles poñen os dentes longos,... e se non sempre queda o baloncesto.
.