O gañador do Nobel 2001 de literatura é o inglés nado en Trinidad, Vidiadhar Surajprasad Naipaul. Xa partía coma un dos favoritos e levaba anos aparecendo nos prognósticos. Recibe o galardón segundo a academia sueca pola súa aguda narrativa e a incorruptible percura de historias ocultas que nos revela dende os seus traballos. Naipaul ten publicadas unha ducia de novelas ademais de ensaios e libros de viaxes. En galego non hai nada traducido, pero podedes comprar en portugués dende aquí. Nunha das maís coñecidas, O enigma da chegada, mestura ficción, biografía e ensaio para contar a historia dun mozo hindú nado en Trindade, que coma el chega á antiga metrópole para aprender sobre si mesmo e sobre os demais. Recibirá ademais do prestixio, dez millóns de coroas suecas, case 1 millón de dólares ao cambio, que lle serán entregados na cerimonia do próximo 10 de decembro.
.