O representante de Greenpeace, Pablo Mascareñas, estivo onte en Vigo, para debatir o sobre o Plano de Residuos Sólidos Urbáns e de Limpeza, previsto polo Concello. Mascareñas, criticou a aposta pola incineración e dixo que este sistema perxudica seriamente o medioambente.
Pablo Mascareñas, representante da Campaña de Tóxicos de Greenpeace, criticou
duramente ó concello da cidade polo plano previsto para o
tratamento dos resíduos sólidos urbáns. A incineración é,
para o representante dos ecoloxistas, un dos peores sistemas, xa
que perxudica seriamente non só ó medioambente, sinon tamén ós
cidadáns.
Mascareñas, que estivo para falar deste tema, convidado pola
Federación de Asociacións Veciñais, dixo que a través da
incineración destrúense residuos que poderían aproveitarse e
converterse logo en recursos. O ecoloxista, criticou o plano do
concello vigués alegando que este era un apéndice máis do que
ten a Xunta. O plano tenta emtregar o monopolio a Sogama e a
Xunta, segundo Mascareñas, prevé construir unha pranta para a
incineración dos residuos en Salceda (A Coruña).
Greenpeace, ten unha campaña aberta cotra este tipo de prantas e
instalacións incineradoras en toda España, e pretende evitar
que esta macroincineradora, prevista para Galiza poida chegar a
seren edificada. No caso de levarse a cabo esta pranta, Mascareñas,
asegurou que o futuro de Galiza quedaría hipotecado.
Na opinión do representante de Greenpeace, o importante nunha
política de protección do medioambente, é a regra das tres
"erres", é dicir: reducción, reutilización e
reciclaxe. Esta é a política na que se basea a normativa
europea e, coa que conta e asume Greenpeace como a única
posible.