Todo empezou cando Camilo Regueiro, un informático das Ciberirmandades, quixo comprar un teléfono móbil. Non lle falaba o galego. Púxose en contacto coa empresa fabricante, Alcatel, e ofreceuse para traducir o programa para a nosa lingua. Ese foi o inicio dunha campaña en toda regra, aberta á colaboración de todos os usuarios de móbil. Máis información no Canal Galego.org de Vieiros.
.